A Oficina de Dereitos Sociais TERRUM é un proxecto da Fundación Terrum, un espazo colectivo formado por persoas que proveñen de diferentes organizacións sociais, profesións liberais, xentes solidarias, cunha ampla bagaxe profesional e unha longa experiencia en tódolos ámbitos de traballo vencellados coa poboación máis desfavorecida e desprotexida: traballadoras e traballadores en situación de precariedade, persoas migrantes, mulleres patriarcalizadas, mocidade, persoas con diversidade funcional e neurodiversas, persoas que viven no medio rural, entroutras. Trátase dunha iniciativa colectiva de orientación profesional que busca dotar de formación, apoio, soporte emocional e xurídico-social a aquelas persoas que máis o precisan.
Presentación
A ODS é unha iniciativa que parte da equipa multidisciplinar de TERRUM SOCIAL da Fundación TERRUM con formación no eido das ciencias sociais (educación, dereito, psicoloxía, filosofía..) e das novas tecnoloxías.


Os nosos servizos
- Asesoría
- Formación
- Producción de material didáctico
- Atención persoal (presencial e telefónica).
Intervención social para o fortalecemento colectivo